A xustiza grega ditamina que o partido neonazi Amencer Dourado é unha organización criminal

A investigación criminal deu comezo tras o asasinato en setembro de 2013 do  rapeiro  anti fascista Fyssas  Pavlos.

<p>Acto de Amencer Dourado en Grecia.</p>

<p>Foto EPA</p>
photo_camera (Foto: EPA)

O Tribunal de Apelación de Atenas sentenciou que é unha organización criminal ao termo dun proceso que se prolongou durante máis de cinco anos e cuxo resultado foi recibido con aplausos polas  miles de persoas que se concentraron nas rúas da capital grega.

A investigación criminal deu comezo tras o asasinato en setembro de 2013 do  rapeiro  Fyssas  Pavlos, de 34 anos de idade e coñecido polo nome artístico de  Killah  P., que morreu de varias puñaladas a mans dun home que traballaba na cafetería das oficinas do partido nazi.

No banco de acdusados sentáronse máis de 60 membros da formación ultradereitista, entre eles o seu líder,  Nikolaos  Michaloliakos, responsábel por tanto de dirixir unha organización criminal. A corte tamén considerou culpábel ao autor do asasinato do  rapeiro,  Giorgos  Roupakias.

A multitude que se reuníu ante o tribunal de apelación, entre quen se atopaba o ex primeiro ministro Alexis  Tsipras, celebrou os veredictos.

Tamén a nai de  Fyssas  Pavlos estaba presente nesta mobilización, emocionada tras decatarse da sentenza, segundo a televisión pública  ERT.

Amencer Dourado chegou a ser a terceira forza parlamentaria do país con 18 dos 300 escanos do Parlamento, desde onde denunciou que esta investigación é unha persecución xudicial contra os seus membros.

Con todo, nos últimos comicios parlamentarios en Grecia, a formación non conseguiu superar o 3 por cento dos votos que necesitaba para obter representación.

Comentarios