A xustiza europea dá a razón a Valtònyc

O caso volve agora á xustiza belga, que terá que decidir se extradita o rapeiro mallorquino.

VALTONY IALMA BELLA CIAO

A xustiza española recibe un novo revés. Esta vez polo caso do rapeiro mallorquino Valtònyc. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) ditaminou na mañá desta terza feira que a xustiza española aplicou incorrectamente o código penal en que se basea a euroorde para reclamar o músico.

Segundo Luxemburgo, o Estado español non pode aplicar o código penal de 2015, que é moito máis duro, porque é posterior ás cancións polas que Valtònyc foi condenado a tres anos e medio de prisión por enaltecemento do terrorismo. O caso volverá agora ao Tribunal de Gant.

Valtònyc foi xulgado co código penal de 2012, porén, para elaborar a euroorde contra el a Audiencia Nacional aplicou o código seguinte, de 2015, que prevía penas máis duras por delitos relacionados co terrorismo.

Josep Miquel Arenas, Valtònyc, leva máis de ano e medio en Bruxelas. Marchou de Mallorca cando foi condenado a tres anos e medio por enaltecemento do terrorismo, insultos contra a Coroa española e ameazas nas letras das súas cancións. A Audiencia Nacional ditou unha euroorde contra el que está agora no segundo nivel da xustiza belga.

No primeiro, o xuíz que viu o caso non viu delito, porque considerou que o contido das cancións de Valtònyc estaba dentro da liberdade de expresión.

Comentarios