A xustiza británica rexeita extraditar Julian Assange a Estados Unidos

Argumenta a decisión en base a  motivos de saúde.

Julian Assange
photo_camera Julian Assange

O fundador de Wikileaks, Julian Assange, non pode ser extraditado aos Estados Unidos, segundo vén de decidir un tribunal de Londres.

O xuíz bloqueou a solicitude por mor da preocupación pola saúde mental de Assange.

Estados Unidos acúsao de espionaxe por revelar crimes de guerra cometidos por ese país en Afganistán e Iraq, acusación que poderían supoñer até 175 anos de prisión.

Está previsto que EUA interpoña un recurso contra a decisión, polo que aínda non é definitivo, pero é a primeira vitoria de Assange desde a súa detención.

Assange está detido na prisión de alta seguridade de Belmarsh, preto de Londres. Foi arrestado en abril de 2019 na embaixada de Ecuador en Londres, país que lle concedera asilo diplomático en 2012 para evitar que fose arrestado por un suposto caso de violación en Suecia que posteriormente foi retirado.

O mesmo mes un gran xurado no estado de Virxinia, nos Estados Unidos, acusouno de espionaxe alegando que axudara a Chelsea Manning a acceder a documentación confidencial que despois se fixo pública, acusación que posteriormente aumentou a Maio de 2019.

Comentarios