A xustiza arquiva outra das causas contra Lula da Silva

Un tribunal do Brasil anulou por unanimidade unha das nove causas penais abertas por suposta corrupción en contra do ex presidente, a quinta xa por ausencia de probas.
EuropaPress_2477850_09_november_2019_brazil_sao_paulo_former_brazilian_president_lula_da_silva (1)
photo_camera Lula da Silva, o 9 de novembro en São Paulo, tras saír de prisión (Paulo Lopes / Zuma)

Un tribunal do Brasil anulou por unanimidade unha das nove causas penais abertas por suposta corrupción en contra do ex presidente Luiz Inácio 'Lula 'da Silva, por considerar que non existían "probas suficientes" para continuar o proceso.

O xuízo fai referencia ás acusacións iniciais de corrupción, tráfico de influencias, lavado de diñeiro e asociación ilícita, formuladas contra Lula baixo a presunción, non comprobada, de que favoreceu negocios ilícitos da empresa construtora Odebrecht en Angola.

A decisión foi tomada por un tribunal de Brasilia que xa rexeitara o ano pasado algunhas desas acusacións, mais aínda xulgaba as correspondentes aos supostos delitos de corrupción e tráfico de influencias. Coa negativa para manter estas últimas acusacións en pé, a causa será arquivada definitivamente.

Nos últimos anos, a xustiza abriu contra Lula, quen gobernou entre 2003 e 2010, un total de nove procesos, en todos os casos por supostas prácticas de corrupción e algunhas vinculadas á operación Lava Jato (autolavado), que destapou unha vasta trama de negocios ilícitos con tentáculos noutros países, tanto de América Latina como do continente africano.

"Persecución xudicial"

Nun deses xuízos, Lula foi condenado a oito anos e dez meses de prisión e chegou a pasar 580 días encarcerado. Máis tarde, o Tribunal Supremo liberouno. O ex presidente tamén está á espera doutros recursos sobre unha pena ditada noutro dos procesos en que foi declarado culpábel de corrupción e lavado de diñeiro.

O antigo líder sindicalista sostén que é vítima dunha "persecución xudicial e política" que o impediu disputar as eleccións de 2018, gañadas polo seu gran  de antagonista político, o ultradereitista Jair  Bolsonaro.

Esta tese foi reiterada polos avogados del, que nun comunicado insistiron en que Lula é obxecto de "acusacións precarias, sen ningún soporte  probatorio", salientando que se trata da quinta denuncia interposta contra el rexeitada polos tribunais ante a falta de probas.

Renuncia de Dallagnol

Por outra banda, nas últimas horas anunciou a súa renuncia como fiscal federal Deltan Dallagnol, xefe da operación Lava Jato, por cuestións familiares. Bolsonaro fíxoo ministro de Xustiza, cargo que ocupo até abril.

Comentarios