Xunta Electoral inhabilita Torra e retira condición de eurodeputado a Junqueras

Quin Torra. JxCAT. 10N. Catalunya
photo_camera Quim Torra.

A Xunta Electoral Central decidiu, nunha reunión maratoniana, inhabilitar Quim Torra como president da Generalitat, suspendéndolle a acta de deputado. Torra é así o terceiro presidente catalán contemporáneo que foi represaliado consecutivamente pola xustiza, despois de Artur Mas e Carles Puigdemont.

A XEC estimou o recurso presentado polo PP, e tamén en parte o de Ciudadanos e Vox, e deu a razón de que o presidente da Generalitat puidera ser inhabilitado antes de que se ditase sentenza definitiva. A XEC decidiu contra Torra e transmitiu esta orde á Xunta Electoral Provincial de Barcelona para activala con efectos inmediatos.

Segundo o recurso do PP e Cs, a decisión implica que Torra teña que deixar de ser president da Generalitat porque o Estatuto vincula esta condición de presidente á acta no Parlamento.

Non foi esta a única decisión da XEC nesta sexta feira cara líderes independentistas. Emendando a xustiza europea, a Xunta Electoral tamén quita o escano de eurodeputado a Oriol Junqueras.Declara que concorre en Junquerasa causa de "inelixibilidade sobrevenida"  e, por este motivo, declara que "perde a condición de deputado do Parlamento Europeo", anulando o seu mandato e os seus efectos.

Pleno Extraordinario

As reaccións non se fixeron esperar. O independentismo rexeitou con contundencia estas decisións, situándoas como un novo ataque ás institucións catalás e a dereitos políticos e civís. Miles de persoas manifestáronse na noite da sexta feira contra a decisión.

Ademais, convocouse un pleno xtraordinario do Parlament de Catalunya para este sábado pola tarde.

No entanto, en Madrid medra a preocupación polas consecuencias de todo isto na investidura de Pedro Sánchez. 

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios