A Xunta Electoral decidirá sobre a inclusión de Podemos na coalición 'Por Andalucía'

Podemos tería chegado tarde ao rexistro e non figuraría como parte da coalición 'Por Andalucía'. Esperan poder emendalo, aínda que dependería da Xunta Electoral Central.
Inmaculada Nieto, de Esquerda Unida, liderará a coalición 'Por Andalucía'. (Foto: Eduardo Briones / Europa Press)
photo_camera Inmaculada Nieto, de Esquerda Unida, liderará a coalición 'Por Andalucía'. (Foto: Eduardo Briones / Europa Press)

A escasos minutos de que expirase o prazo para presentar as coalicións, Podemos decidiu integrarse na ampla fronte da esquerda estatal que se presentará ás eleccións andaluzas. 

Podemos tería chegado tarde ao rexistro e non figuraría como parte da coalición 'Por Andalucía'. Fontes deste partido afirman que esperan poder emendar o problema, aínda que dependería da Xunta Electoral Central (XEC).

Nun principio parecía que non se ía a chegar a un acordo, mais nos últimos minutos do prazo de inscrición chegou a confirmación de que Podemos aceptaba facer parte da coalición, segundo deu a coñecer La Sexta.

Membros de Podemos aseguraron a ese medio que a súa formación enviou en tempo e forma a documentación. Así, declararon, o acordo fechouse ás 23,30 horas e ás 23,57 enviaron a documentación.

Podemos integrarase ao grupo que inclúe a Esquerda Unida, Máis País Andalucía, Equo e outras formacións baixo a marca 'Por Andalucía', sempre que así o permita a XEC andaluza.

Unha das principais motivacións da dificultade para alcanzar o acordo entre a coalición e Podemos foi quen encabezaría a candidatura, quedando a opción dunha cabeza de lista independente descartada.

Finalmente, será a deputada andaluza Inmaculada Nieto (de Esquerda Unida) quen encabece esta fronte da esquerda estatal tras imporse a Juan Antonio Delgado, tamén deputado de Unidas Podemos no Parlamento andaluz.

A portavocía de 'Por Andalucía' será exercida de forma conxunta entre Podemos e Esquerda Unida, no caso de que a XEC certifique a inclusión da primeira destas formacións na coalición.

A cambio de ceder na cabeza de lista, Podemos gañaría na repartición de provincias, encabezando as listaxes na provincias andaluzas de encabezando las de Cádiz, Huelva, Córdoba e Granada.

Comentarios