A Corte Nacional de Xustiza de Ecuador acaba de ditar unha orde de detención contra o ex presidente do país, Rafael Correa. Os xuíces piden á Interpol que deteñan o político, exiliado en Bélxica, e a quen acusan de ter ordenado o secuestro de Fernando Balda, un deputado da oposición, mentres se encontraba en Colombia. Os feitos teríanse producido en 2012.
Balda non era un opositor calquera. Foi acusado de promover un golpe de estado en 2010, polo que fuxiu a Colombia. A Corte Nacional de Xustiza responsabiliza agora Correa da súa detención ilegal. O ex presidente négao vehementemente.
Este é un lance máis do combate que Correa libra coas autoridades ecuatorianas desde que rachase relacións co actual presidente do país, Lenin Moreno, antigo correlixionario seu ao que agora tilda de "traidor" por ter resituado o país na órbita de Washington. Moreno promoveu unha reforma da Constitución para limitar o número de mandatos presidenciais, un movimento claramente destinado a impedir o retorno de Correa ao poder. A mudanza da Carta Magna foi aprobada en referendum o pasado mes de febreiro. A xogada rompeu todas as pontes entre os dous líderes políticos, que encarnan apostas xeoestratéxicas antagónicas a respeito do rol que debe xogar Ecuador en América Latina.
Na súa conta twitter, Rafael Correa ←que dirixe agora un programa en Russia Today sob o título de Unha conversación con Correa← mostra unha confianza absoluta en que "un Estado de dereito como Bélxica" rexeitará a petición da súa extradición.
Agradezco a tod@s sus muestras de solidaridad ante este nuevo y grave atropello a la justicia y mis derechos.
— Rafael Correa (@MashiRafael) 3 de xullo de 2018
Yo estoy bien. No se preocupen.
Buscarán humillarnos y hacernos pasar un mal rato, pero una monstruosidad así JAMÁS prosperará en un Estado de Derecho como Bélgica.