Seis xuíces do Supremo avalan sacar os restos de Franco do Val dos Caídos

O Goberno en funcións poderá exhumar Franco do Val dos Caídos. A decisión deberá ser ratificada no Consello de Ministros. A familia do ditador avanzou que recorrerá ao Tribunal Constitucional.
Enterro de Franco en 1975.
photo_camera Enterro de Franco en 1975.

O Goberno socialista en funcións podería ordenar a exhumación dos restos de ditador -falecido en 1975- no último minuto do seu mandato. Esta terza feira o Tribunal Supremo avalou a decisión do Executivo de levalos restos a El Pardo -que pertence a Patrimonio Nacional- e onde fora enterrada a súa muller, Carmen Polo, falecida no ano 1988.

Os seis xuíces do Supremo desestimaron o recurso da familia do ditador, que pretende enterralo no cemiterio de La Almudena (Madrid). A familia xa avanzara a súa disposición a chegar até o Constitucional se o Supremo non lle daba a razón.

Resta a autorización da Igrexa para proceder á exhumación.

[“Isto non soluciona os crimes do franquismo nin nada…”]

Comentarios