O xornalista destituído polo rótulo da monarquía en TVE despídese cunha brincandeira a conta de Juan Carlos I

"Fun despedido, como o avó de Leonor", di nun tuit da súa conta de Twitter.

Captura-de-pantalla-2021-02-10-a-les-15.27.50-10142828-604x270

A polémica polo rótulo da nova sobre a marcha da infanta Leonor a Gales non ten gañas de acabar. A decisión de TVE de destituír os responsábeis dese cartaz informativo no  fixo senón alargar a polémica. O catalán Bernat Barrachina, un dos xornalistas afectados polas destitucións decididas pola dirección da cadea pública española, tuiteou anunciando que “fun despedido como o avó de Leonor” e penduraba un vídeo de cando Juan Carlos I pediu perdón polo escándalo da caza de elefantes.

O xornalista Bernat Barrachina, como informa Nació Digital, traballara como xefe de comunicación do Concello de Badalona durante o mandato do alcalde socialista Àlex Pastor. Foi despois desta etapa no mundo municipal cando comezou a traballar para a televisión pública estatal.

Esta cuarta feira, o programa ‘La Hora de La 1’ proxectou un rótulo no que se podía ler "Leonor marcha de España, como o seu avó" -en referencia á fuxida de Juan Carlos I acurralado polos escándalos da corrupción- para informar de que a princesa estudará en Gales.

Comentarios