Wuhan pon data para a fin do confinamento: 8 de abril

A capital provincial de Hubei, onde comezou a estenderse o brote de coronavirus, levantará a corentena que impuxo o 23 de xaneiro.

coronavirus (Europa Press)
photo_camera (Europa Press)

A cidade de Wuhan, a capital provincial de Hubei, onde o brote de coronavirus comezou a estenderse masivamente, finalizará a corentena que impuxo á súa poboación o 23 de xaneiro o 8 de abril, informaron as autoridades municipais desta urbe chinesa.

Así mesmo, o resto das cidades da provincia de Hubei elevarán as restricións de viaxe a partir desta cuarta feira, informou a axencia estatal Xinhua.

A xente de Wuhan poderá abandonar a cidade se obtén o que se chama un código QR de saúde verde, o que implica que a persoa non tivo contacto con ninguén infectado ou sospeitoso de padecer a enfermidade.

China rexistrou 81.000 persoas contaxiadas polo Covid-19 e case 3.300 persoas falecidas por esta pandemia. Mais o país leva varios días sen rexistrar ningún novo contaxiado ou contaxiada local. 

Comentarios