Wert premia un toureiro con 30.000 euros

O ministro de Educación, tamén titular de Cultura, entregou por vez primeira o Premio Nacional de Tauromaquia, creado en 2011, a comezos de decembro, o mesmo mes en que se coñeceu que milleiros de estudantes quedaron sen as súas bolsas de estudos dependentes do departamento que dirixe Wert.

toureiro
photo_camera [Imaxe de arquivo]


O ministerio de Cultura entregou este 2013 por vez primeira o Premio Nacional de Tauromaquia, dotado de 30.000 euros, a mesma cuantía que o departamento que dirixe José Ignacio Wert destina ao Premio Nacional español das Artes Plásticas, da Fotografía, de Cine, de Teatro, de Danza, de Música ou de Belas Artes onde, por certo, tamén se premia cada ano un toureiro malia ficar reservado a persoas "que teñan destacado na creación artística ou cultural ou no fomento desta". Os galardóns que se entregan á Literatura, ao Cómic ou ao Xornalismo Cultural reciben 10.000 euros menos aínda. 

Así, o mesmo mes en que se coñeceu que milleiros de estudantes quedaron sen cobrar as súas bolsas de estudos, Wert fixo efectiva por vez primeira a orde ministerial ditada o 8 de novembro de 2011 polo propio conservador en virtude da cal creaba este novo 'premio cultural' que non se entregara nunca até agora. O primeiro galardoado por un xurado integrado unicamente por representantes do mundo taurino e afeccionad@s ás touradas foi Francisco Manuel Ojeda. 

Comentarios