Vox rexistra no Congreso unha proposición para ilegalizar os partidos independentistas

Santiago Abascal presentou a proposición de reforma da lei de partidos, na que demanda que todas as formacións recollan nos seus estatutos que acatan a constitución española.

Vox congreso
photo_camera [Congreso]

Vox rexistrou esta segunda feira no Congreso español unha proposición de reforma da lei de partidos para ilegalizar as formacións soberanistas e independentistas. A iniciativa chega apenas dous meses despois de que unha proposta neste mesmo sentido na Asemblea de Madrid presentada polo partido de ultradereita fose aprobada co apoio de PP e Ciudadanos.

O líder de Vox, Santiago Abascal, compareceu esta segunda feira no Congreso, onde defendeu que a súa intencíon era ilegalizar “todos os partidos que pretenden a destrución da unidade nacional” española. Segundo Abascal, a iniciativa leva á prohibición de todas as formacións que non inclúan expresamente nos seus estatutos o cumprimento da Constitución española.

O texto rexistrado por Vox establece que "un partido político será declarado ilegal cando a súa actividade vulnere os principios democráticos, particularmente cando procure así deteriorar ou destruír o réxime de liberdades ou imposibilitar ou eliminar o sistema democrático, así como cando busca deteriorar ou destruír a soberanía nacional ou a unidade indisolúbel da Nación española ".

Comentarios