Volodomir Zelenski: "Son o obxectivo número un do inimigo"

O presidente da Ucraína acusa a comunidade internacional de abandonar o país á "invasión" de Rusia "por medo".
Declaración institucional do presidente da Ucraína, Volodimir Zelenski. (Foto: Descifrando la Guerra)
photo_camera Declaración institucional do presidente da Ucraína, Volodimir Zelenski. (Foto: Descifrando la Guerra)

O actual presidente da Ucraína, Volodomir Zelenski, asegurou que os servizos de intelixencia do seu país teñen constancia de que entre os plans de Rusia está ir a por el e descabalgalo á fronte do Executivo ucraíno.

“Segundo a nosa información, son o obxectivo número un do inimigo. A miña familia o segundo. Queren destruír a Ucraína politicamente ao destruír o xefe do Estado”, lamentou.

Zelenski informou de que polo de agora xa se produciu o asasinato de 137 ucraínos, entre militares e civís.“O inimigo ataca non só as instalacións militares, como afirma, senón tamén civís. Matan a xente e convirten cidades pacíficas en obxectivos militares. Isto é vil e nunca será perdoado”.

O dirixente ucraíno tamén desmentiu que se trasladara fóra de Kiev. "Permanezo no barrio gobernamental con todos aqueles que son necesarios para o traballo do Goberno central”, engade.

Abandono de OTAN e UE

Pese a "invasión", afirmou que "non ten medo a falar sobre garantías de seguridade para o noso Estado" con Vladimir Putin,  sempre e cando  primeiro que se produza un "alto o fogo" e o remate dos ataques rusos.

Na súa declaración institucional, o presidente da Ucraína acusa a comunidade internacional de abandonar o país á invasión de Rusia "por medo". Zelenski lamentou que os deixaran "sós na defensa da Ucraína", e preguntouse "quen está preparado para loitar ao noso lado? Non vexo a niguén".

Zelenski tamén acusou a Unión Europea e a Organización sobre o Tratado do Atlántico Norte (OTAN) de pórse de perfil e "deixalos sós", e de impor "sancións insuficientes" no canto de buscar solucións reais ao conflito.

Comentarios