A virada copernicana de Filipinas

A Presidencia de Rodrigo Duterte mudou de maneira radical a política do país asiático. Analizamos a virada copernicana de Filipinas no Sermos Galiza 230, xa á venda na loxa. Eis un extracto da reportaxe.

Apenas seis meses despois da súa chegada ao poder, a Presidencia de Rodrigo Duterte á fronte do goberno de Filipinas xa supuxo importantes mudanzas no país. Controvertido e criticado, Duterte insiste desde a Presidencia na mesma retórica incendiaria que o levou á vitoria electoral o pasado 9 de maio. O seu discurso céntrase no combate radical e, aparentemente, sen límites, contra a corrupción, a criminalidade e as drogas. Os tres principais problemas do país. No entanto, a maior mudanza atinxe ao relacionamento internacional no que apostan en romper con Washington e, en troca, profundar na parcería con China e Rusia.

3 (1)Nas eleccións presidenciais do 9 de maio do pasado ano 2016, Rodrigo Duterte, candidato do Partido Democrático Filipino–Poder Popular, atinxía unha clara vitoria ao conseguir o 39,01% dos votos e distanciarse en case 7 millóns de votos do segundo candidato máis votado, o liberal Mar Roxas. Duterte, avogado de 71 anos, ascendía até a Presidencia despois de ter exercido durante 22 anos como alcalde da importante cidade de Dávao. 

Comentarios