Sermos279

Vinte e unha Catalunyas máis

As nacións sen Estado abalan Europa. Todo sobre este asunto no Sermos279.

Gales Cymru Foto- Walesonline
photo_camera Un activista do galés Plaid Cymru. Foto: Walesonline

O mapa político do mundo muda. Rapidamente ou devagar, mais faino. Tamén en Europa, onde a idea da unidade de mercado quixo solapar os anceios dunha parte, máis ou menos cuantitativa, das sociedades dos respectivos territorios que historicamente contan cunha mínima conciencia nacional co argumento de que a división debilita fronte a fortes competidores na esfera económica.

A realidade é que o debate sobre os equilibrios territoriais e a soberanía está presente en todo o globo. No vello continente, o caso catalán é o máis actual e tamén o máis relevante non só no tocante á progresión do proceso independentista senón tamén polo que supón de acicate ou chamada aos conflitos –unha vintena- que de xeito permanente ou intermitente están a abrollar ou permanecen latentes en todo o continente desde hai décadas.

A estratexia de internacionalización dos promotores do procés levou Catalunya ás capas de todos os medios de comunicación europeos e, nese contexto, a opinión pública puido coñecer ou lembrar a existencia doutros movementos independentistas ou soberanistas do continente máis ou menos quentes, alén das tensións existentes no Estado español nas tres “nacionalidades históricas”, Galiza entre elas. Así, pois, a Europa estábel que consagran os opinadores centralistas, non é tal. Hai, polo tanto, unha morea de exemplos que dan noticia de que os movementos que pulan por unha redefinición dos espazos de soberanía están moi presentes, coas súas particularidades e con intensidades variábeis. Catalunya á parte, o Brexit votado en 2016 ten aumentado as opcións independentistas das nacións que a día de hoxe forman parte do Reino Unido pola súa oposición, expresada nas urnas o 23 de xuño de 2016, a saír da Unión Europea.

[Esta reportaxe, unha dupla páxina, fai parte do Sermos279, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]

Comentarios