Villares: "O pobo de Catalunya ten direito a se pronunciar sobre o seu futuro"

O líder da confluencia galega estivo á mañá cos comúns de Colau -aínda indecisos sobre se apoiar ou non o referendo- e á tarde na Diada co bloco soberanista.

unnamed (3)
photo_camera Villares, Colau, Domènech, Iglesias e Ana Seijas

"É unha exixencia democrática e republicana apoiar a mobilización social que existe no conxunto de Catalunya", afirma Luís Villares nun audio fornecido polo gabinete de imprensa de En Marea.

O líder da confluencia enfatiza que "é a sociedade a que ten direito a o decidir todo e, polo tanto, o direito a decidir a súa forma de organizar o seu proxecto cívico de convivencia. É polo tanto para nós unha exixencia republicana, democrática, apoiar esa mobilización". Ese apoio adviría tamén do compromiso de En Marea co "carácter plurinacional do Estado", unha condición que leva a que "cada suxeito político", neste caso "o pobo de Catalunya", teña o direito a decidir o seu futuro.


Villares estivo acompañado nesta viaxe a Barcelona pola viceportavoz da confluencia, Ana Seijas. Os dirixentes de En Marea tiveron oportunidade de charlar cos seus homólogos dos comúns -Ada Colau e Xavier Domènech- e co líder estatal de Podemos, Pablo Iglesias, cos que estiveron no acto realizado por Catalunya en Comú en Santa Coloma.

Comentarios