Villarejo recoñece nun audio apuñalar a doutora Pinto

O comisario xubilado e que permanece en prisión pola macrocausa 'Tándem', José Manuel Villarejo, sinalou nun dos audios requisados no rexistro do seu domicilio que el mesmo apuñalou a dermatóloga Elisa Pinto.

O ex comisario José Manuel Villarejo.
photo_camera O ex comisario José Manuel Villarejo

O comisario en prisión pola causa 'Tándem', acusado de organización criminal, estafa e branqueo, José Manuel Villarejo, sinalou nun dos audios requisados no rexistro do seu domicilio que el mesmo apuñalou a dermatóloga Elisa Pinto.

A doutora denunciara o empresario Javier López Madrid por acoso sexual e posteriormente recoñeceu Villarejo como a persoa que a apuñalara en 2014 en plena rúa.

Nunha conversa que data de xaneiro de 2017, o comisario fala de maneira distendida co empresario Adrián de la Joya, Alberto  Pedraza, co que fora xefe da Unidade de Delicuencia Fiscal, José Luis Olivera, e co avogado próximo a dirixentes do PP, Javier Iglesias. Nun momento dado, os comensais falan dunha xornalista e xorde o asunto do apuñalamento da doutora Pinto.

"Esa -unha xornalista- é tronca do Gordillo, o  soplapollas ese, que é compañeiro noso, agora xa é avogado. Que era ademais o avogado da muller que eu apuñalei", afirma Villarejo. "Estaba nervioso", di o ex comisario para xustificar que "fallase" no ataque. 

Comentarios