Bess Nungarrayi, deputada liberal no parlamento de Northern Territory, Australia, demandou o recoñecemento das linguas aborixes nesta institución, unha petición que fai após que se lle vetase un texto presentado en warlpiri, a lingua da súa comunidade. Esta parlamentar aborixe tentou empregar o warlpiri en decembro na Cámara, mais a presidenta chamouna á orde. Estas linguas non están recoñecidas en múltiples ámbitos da vida australiana, o institucional ou administrativo, un deles.
“A nós sempre se nos menospreza, e impónsenos o inglés na nosa vida”.
O pasado fabreiro, Bess Nungarrayi presentou no Parlamento un escrito na súa lingua aborixe, escrito que foi rexeitado. Porén, o primeiro ministro Malcolm Turnbull, tamén liberal, nun aceno que presentou como de reconciliación coas persoas aborixes falou ngunaewal no Parlamento federal. Nungarrayi denunciou o que considera unha “hipocresía” do seu propio partido, aplaudindo a Turnbull por dicir unhas palabras en ngunaewal [unha lingua morta], mentres prohibe empregar o warlpiri, que é falado por os aborixes desa comunidade.
O warlpiri escrébese en alfabeto latín desde a década dos 50 e fai parte da familia lingüística máis importante das linguas aborixes, a pama-ñungan. En Australia subsisten 86 linguas aborixes, a metade das que se calcula que había cando os británicos arribaron a Australia.
"Falo unha lingua viva e consideran que é ofensivo"
“Falo unha lingua viva, falada por miles de persoas neste territorio e considérase que falalo é ofensivo, non podo entendelo”, manifestou a deputada, que lembrou que o 30% da poboación do Territorio do Norte é aborixe. “A nós sempre se nos menospreza, e impónsenos o inglés na nosa vida”.
Información tirada de nacions.blogspot.com.es