Venezuela recibiu petición formal de asilo por parte de Snowden

O presidente venezolano, Nicolás Maduro, anuncia a solicitude e dille ao ex-axente da CIA que “veña cando queira”

Snowden
photo_camera Snowden

“Chegounos a carta de solicitude de asilo”, afirmou o presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, que recoñeceu que até o de agora, porén, aínda non puideran establecer contacto con Edward Snowden.O ex-analista da CIA continúa, desde o pasado 22 de Xuño, na área de tránsito dun aeroporto en Moscova, acosado polos EUA após que destapase un programa de vixiancia e espionaxe global do goberno Obama.

Snowden pediu hai varios días asilo nunha vintena de países. Venezuela, Nicaragua e Bolivia ofrecéronse a darllo. E agora Venezuela recibiu carta de Snowden solicitando formalmente o asilo.

Maduro afirmou que "é Snowden o que ten que dicir cando quere vir para aquí" e cualificou o estadounidense de "mozo perseguido polo Imperio".


 

Comentarios