O goberno de Venezuela estuda nacionalizar Banesco, o banco que mercou as caixas galegas

Diosdado Cabello
photo_camera Diosdado Cabello

Diosdado Cabello, unha das persoas de peso na Asemblea Nacional Constituínte de Venezuela e vicepresidente do Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV), puxo sobre a mesa a posibilidade de nacionalizar Banesco, un dos grandes bancos dese país e o que comprou a finais de 2013 Novagalicia Banco. Cabello acusou o dono de Banesco de querer “mercar as accións do Estado a prezo de saldo” e asegurou que o presidente Nicolás Maduro está disposto a nacionalizar esta entidade financeira.

“O goberno ten 2,34% das accións e eles queren mercar con todas trampas que poden ese 2,34% pagándonos 387 millóns de bolívares”, explicou o dirixente. “Está ben. Ao seu cambio, dese dólar que tanto lles gusta, vannos dar 3.225 dólares. Está ben, verdade?”, dixo o vicepresidente. A seguir, engadiu que con iso, “Juan Carlos Escotet [presidente de Banesco] estanos a dicir que o resto das accións valen 413.000 millóns de bolívares”.

“Barato, verdade?”, resumiu o vicepresidente: “Imos comprarcho ao prezo que ti querías comprar as accións do Estado. O que é igual para o pavo debe ser igual para a pava”. “Xa llo comentei a Maduro e o presidente está disposto totalmente a mercar Banesco por ese ptrezo. Onde depositamos, Escotet?”. Cabello 

Comentarios