Máis de 19 millóns de venezolan@s escollen hoxe entre dous modelos antagónicos de país

Máis de 19 millóns de venezolan@s poderán votar este domingo nunhas eleccións que van alén de elexir simplemente a Hugo Chávez ou Henrique Capriles. Son dous modelos diferentes, antagónicos de feito, de que modelo de país e sociedade se quere construir: Avanzar na vía venezolana ao socialismo impulsada hai 14 anos por Chávez ou avogar polo neoliberalismo do conglomerado opositor que lidera Capriles.
Chavez e Capriles
photo_camera Chavez e Capriles

Venezuela ten hoxe moito máis que unha cita coas urnas. Pola volta de 20 millóns de venezolan@s poderán, co seu voto, determinar qué futuro e qué modelo de país e sociedade queren. É algo moito máis sorprendente do que se poida pensar. Na maioría dos países,europeos moitos deles, e como recoñeceu o mesmo Cebrián, dirixente do poderoso grupo mediático Prisa, os cidadáns poden votar "mais non elexir". En Venezuela, porén, o que o seu pobo se xoga hoxe é elexir entre dous modelos ben diferentes. Un, o representado polo presidente Hugo Chávez, supón avanzar e aprofundar na vía venezolana ao socialismo iniciada hai 14 anos. Outro, o de Henrique Capriles, ampara nun discurso de recuperar a democracia un conglomerado de propostas e ideas que abanean entre o neoliberalismo e a volta ao Orde.

Chávez insisteu na campaña en que este 7 de outubro determinarse "se a patria sigue viva"

En Venezuela, pois, realízanse hoxe uns comicios en que, segundo dados oficiais, tomarán parte 19 millóns de persoas. O escrutinio terá lugar en 13.000 seccións de voto mentres que a seguridade pública estará garantida por 139.000 axentes. Centos de observadores internacionais están no país para dar fe do transcurso e resultado das eleccións, que se realizan  mediante sistema electrónico automatizado, coñecido como sistema de integración integrado (SAI) e certificado como un dos máis seguros do mundo, unha ferramenta que permite autentificar ao elector certificando a súa identidade na máquina de votación co número de identificación e pegada dactilar.

Capriles acusa ao presidente de "autócrata" e de estar sometido a Cuba

Votar a prol, votar en contra

Os peches de campaña de ambos candidatos foron sendas demostracións de forza. Milleiros de persoas en cada un dos actos. Capriles optou por un discurso no que a vitoria de Chavez sería un desastre de consecuencias impredecíbeis, na liña dos discursos opositores dos últimos 14 anos, desde que Chávez é presidente. Tildou ao presidente de "autócrata" e de estar sometido a Cuba, para alén de empregar a baza demagóxica coa seguridade cidadá, advertindo de que co socialista no poder o crime e a delincuencia aumentarían exponencialmente.

Pola súa banda, Chávez, ante ducias de milleiros de simpatizantes, destacou no acto de encerramento da campaña oslogros acadados nestes 14 anos. Mais foi alén diso para asegurar que "o que está en xogo este 7 de outubro non é se asfaltaron ou non unha rúa, non é se me deron casa ou non, non é se estou cabreado cos didirxentes rexionais. Non, é moito máis que iso. Estamos a xogarnos a vida da patria".

Manipulación

Nos últimos días, diferentes intelectuais de varios países veñen suscribindo manifestos e escritos denunciando a campaña de manipulación mediática que a nivel internacional se está a facer desde hai anos co goberno venezolano. Campña que, afirman, ven de se intensificar nestas eleccións. Un deses escritos é o asinado por Ignacio Ramonet e Jean-Luc Melenchon e que pode lerse en galego-portugués aquí

>> Haberá ampliación

Comentarios