Venezuela, Nicaragua e Bolivia ofrecen asilo humanitario a Edward Snowden

O presidente venezolano afirma que toman a decisión após consultala con outros gobernos latinoamericanos. Critica a "sumisión" dos gobernos europeos aos dictados e imposicións de EUA. Tamén Nicaragua e Bolivia ofrecen asilo

Evo Morales (Foto: Europa Press).
photo_camera Evo Morales

O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, anunciou que o seu goberno concede “asilo humanitario” ao ex-axente da CIA Edward Snowden, cuxa denuncia da existencia dun 'big brother global' de EUA a espiar a millóns de cidadáns e a gobernos fíxoo motivo de persecución para a administración Obama.

Maduro afirmou que “decidimos ofrecerlle esta medida humanitaria a este mozo perseguido polo imperialismo” após consultalo con outros xefes de Estado e de goberno da zona. Así, tamén Nicaragua estaría disposta a conceder asilo a Snowden. “Somos respectuosos co dereito de asilo. E se as circunstancias o permiten, recibimos con gosto a Snowden e darémoslle asilo”, manifestou Daniel Ortega, mandatario nicaraguense.

“En nome da dignidade de América”

Maduro afirmou: “En nome da dignidade de América decidimos dar asilo humanitario a Edward Snowden para que poda vir á patria de Chávez e Bolívar”.

Con esta decisión,apuntou o dirixente, Venezuela rexeita as “pretensións” dalgúns gobernos europeos por “converter en colonias os pobos de América”.

Comentarios