Venezuela dá 72 horas ao embaixador español para abandonar o país e Madrid devolve o golpe

España responde coa expulsión do representante venezuelano.

photo_camera Nicolás Maduro

O goberno de Venezuela deu 72 horas de prazo ao embaixador español, Jesús Silva, para que abandone o país após ser declarado “persoa non grata". A decisión do goberno venezuelano foi anunciada polo ministro de Asuntos Exteriores, Jorge Arreaza. A medida adóptase dous días despois de que o executivo venezolano chamase a consultas ao seu embaixador en Madrid, Mario Isea, debido á "agresión injerencista e colonialista" do goberno español. Caracas reprocha a Madrid que liderase a iniciativa da Unión Europea de impor sancións contra sete altos cargos do  goberno venezuelano, entre eles Diosdado Cabello, un dos principais dirixentes do chavismo.

Ademais, Venezuela entregou unha "contundente" nota de protesta a diplomáticos da Unión Europea acreditados no país polas sancións comunitarias contra estas sete persoas. O ministro español de Exteriores, Alfonso Dastis, xa anunciou que o Estado español responderá "con proporcionalidade e reciprocidade" á decisión de Venezuela. Ese anuncio conretouse esta sexta feria na decisión do Consello de Ministros español de acordar declarar "persoa non grata" a Mario Isea, embaixador venezuelano, co que este será expulsado.

Comentarios