Venezuela acusa Felipe González de ‘’dirixir grupos para-militares para asasinar’’

O presidente da Asemblea Nacional, Diosdado Cabello, afirma que lle dá ‘’tristeza’’ ver como o ex-presidente español quer dar leccións morais cando baixo o seu asasinábanse persoas ''que politicamente o contrariaban a el'', en alusión aos GAL.

felipe

Diosdado Cabello, presidente da Asemblea Nacional de Venezuela, acusou o ex-presidente español Felipe González de “ter dirixido grupos para-militares para asasinar persoas que politicamente o contrariaban a el”, nunha referenza aos GAL, responsábeis de asasinatos, torturas e secuestros baixo o goberno do PSOE. Cabello afirma que lle dá “tristeza” que o ex-mandatario español pretenda “erixirse un monumento á moral” co seu anuncio de colaborar coa defensa dos opositores detidos polo goberno venezuelano baixo as acusacións de ‘golpismo’.

O máximo representante da AN de Venezuela tamén criticou que o Congreso español practique a inxerencia nos asuntos do país latino-americano ao aprobar unha petición para pedir a liberación desas persoas detidas. Cabello, porén, agradeceu que houbese voces de deputados “que defenderon a verdade” e, dixo, “deron un ‘revolcón’ á dereita e aos que están agochados detrás dalgún partido que nalgún momento dixo que era de esquerdas”.

Comentarios