Mariano Raxoi racha o confinamento para facer exercicio na rúa

O decreto do estado de alarma non permite facer deporte na rúa. Queixas de veciñas do ex presidente español por estas prácticas "habituais". 

Raxoi
photo_camera Raxoi, este domingo.

Mariano Raxoi, ex presidente do Goberno español, incumpre as normas de confinamento fixadas no estado de alarma e sae á rúa para practicar deporte ao ar libre, perto do seu domicilio.

Así o mantén unha información de La Sexta Noticias, que puido comprobar como o ex presidente español facía exercicio estes días na vía pública. Según esta cadea, o habitual deste comportamento por parte de Raxoi causou a queixa de varios veciños e veciñas.

O decreto en base ao que se fixa o estado de alarma pola pandemia de COVID-19 non permite practicar deporte na rúa e obriga ao confibamento da cidadanía, que só pode saír do domicilio para ir traballar, adquirir produtos de primeira necesidade ou cuestións de urxencia.

Comentarios