O Vaticano salienta que o Papa Francisco está "moi satisfeito"

O Vaticano publicou esta cuarta feira, 17, un comunicado sobre a histórica decisión dos gobernos dos Estados Unidos e de Cuba de restabeleceren as relacións diplomáticas.

A nota, divulgada pola Secretaría de Estado, salienta que o Papa Francisco ficou “moi satisfeito” coa decisión que visa superar as dificultades que marcaron a historia recente dos dous países.

Reproducimos a seguir o comunicado:

"O Santo Padre ficou moi satisfeito pola histórica decisión dos Gobernos dos Estados Unidos da América e de Cuba de estabelecer relacións diplomáticas, coa finalidade de superaren, polo interese dos respectivos cidadáns, as dificultades que marcaron a historia recente.

No decorrer dos últimos meses, o Papa Francisco escribiu ao Presidente da República de Cuba, o Excelentísimo señor Raúl Castro, e ao Presidente dos Estados Unidos, o Excelentísimo Señor Barack H. Obama, convidándoos a resolver as cuestións humanitarias de común interese, como a situación dalgúns detidos, para dar inicio a unha nova fase de relacións entre as partes.

A Santa Sé, con sede do Vaticano, en outubro pasado, ofreceu ás Delegacións dos dous países axuda para favorecer un diálogo construtivo sobre temas delicados, a fin de procurar solucións satisfactorias para ambas as partes.

A Santa Sé continuará apoiando as iniciativas que as dúas nacións emprenderán para crecer nas relacións bilaterais e favorecer o benestar de seus respectivos cidadáns"

Comentarios