luns 20.01.2020

Varoufakis dá a sorpresa e demite para facilitar o acordo de Tsipras co Eurogrupo

Nun xesto político tan audaz como surprendente, o mediático ministro de Finanzas grego Yanis Varoufakis anunciou esta noite a súa demisión, a pesar do abrumador triunfo do NON no referendo.

Varoufakis dá a sorpresa e demite para facilitar o acordo co Eurogrupo

Como non podía ser doutro xeito, Varoufakis -que onte voltou a eclipsar Tsipras na guerra das imaxes, ao comparecer perante a imprensa vestido cunha camiseta- anunciou a súa demisión por twitter.

Se lermos no seu blogue, Varoufakis vaise para non continuar a producir perturbación no resto dos seus colegas de Finanzas do Eurogrupo e, por tanto, para facilitar un escenario de acordo entre Atenas e Bruxelas.

 

A súa ausencia no Eurogrupo, cobizada polos socios europeus, tamén era vista como "potencialmente útil" polo primeiro ministro grego, Alexis Tsipras, explica con certa sorna Varoufakis.

O ministro de Finanzas ve factíbel un acordo con Bruxelas após o NON grego, un acordo que debería pivotar arredor dos seguintes eixos: a reestruturación da débeda, menos austeridade, redistribución a prol das máis persoas máis necesitadas e "real reforms".

Na despedida -con cheiro a un até logo porque Varoufakis ten demostrado ser un animal político- o xa ex ministro de Finanzas afirma que aínda ben está comezando  "o sobre-humano esforzo" que suporá honrar o "valente pobo grego" polo seu OXI do que se orgulla xa "todo o mundo".

comentarios