Valtonyc opta tamén polo exilio

Neste momento ignórase o seu paradoiro, mais o que é certo é que foxe da xustiza española por considerar que non existen condicións para ter un xuízo xusto. Valtonyc rebeceu esta quinta feira o apoio de Puigdemont.

valtonyc
photo_camera O rapeiro Valtonyc

Valtonyc tería de ingresar en prisión esta quinta feira, o día en que concluía o prazo de 10 días que lle dera a Audiencia Nacional para de forma voluntaria comezar o seu tempo de reclusión no cárcere. O rapeiro ten de cumprir unha condena de tres anos e meio por delitos de ameaza, inxurias á Coroa e enaltecemento do terrorismo.

TV3 -e outros meios mallorquíns- informaron esta cuarta feira de que Valtonyc se achaba en Bélxica, o primeiro destino no exilio de Puigdemont. Outras fontes apuntaban a Suíza, o estado en que procurou refuxio a ex parlamentar da CUP Anna Gabriel.
 

Mais onde está Valtonyc? O que desliza o seu grupo de apoio en twitter é que del non saíu a noticia que o situaba en Bélxica ou en calquera lugar de Europa. O rapeiro, por súa parte, anunciaba tamén na rede que non lle ía pór doado a asunto ao Goberno e que ía exercer o seu direito a desobeder perante un "estado fascista".

 

 

Naturalmente, o movimento de Valtonyc é visto con simpatía desde o soberanismo catalán, até o ponto de receber o apoio explícito de Carles Puigdemont, o president agora refuxiado en Berlín.

 

Comentarios