Valencia recupera a Festa per la Cultura após anos de censura

Milleiros de persoas ateigaron o sábado a praza de touros de Valencia na Festa per la Cultura, Homenatge a València, que a Acció Cultural del País Valencià recuperou após 16 anos de prohibicións por parte das autoridades valencianas.

@tomdelos
photo_camera [Imaxe] @tomdelos

Medio cento de actuacións musicais e representacións da cultura popular participaron na Festa per la Cultura de Valencia, que non tiña lugar desde o ano 2000. E é que as autoridades valencianas denegaron ano tras ano os permisos para esta conmemoración nacionalista.

No acto, que se prolongou durante máis de sete horas nas que houbo música, creatividade e cultura popular, a organización recoñeceu o labor de todas as persoas que loitaron pola lingua e a cultura. Entre os asistentes atopábase Lluis Llach, quen fora o derradeiro artista en participar no acto de Acció Cultural na praza de touros no 2000, ano desde o que non podía ter lugar a actividade.

O presidente de Acció Cultural do País Valencià, Joan Francesc Mira, agradeceu o apoio de todas as persoas que apoiaron a organización “en tempos moi duros de represións e multas”. Apelou a “un proxecto de país mellor: facer o País Valencià”.

Comentarios