Uruguai elixe a Tabaré Vázquez novo presidente co 53,5% dos votos

O eleito mandatario salientou no seu discurso que no proceso electoral "gañou Uruguai" e lanzou un convite ao "diálogo" entre as forzas da oposición.

Frente Amplio
photo_camera [Imaxe Frente Amplio]

Tabaré Vázquez volveu á presidencia do Uruguai este domingo 30 de novembro. Após a segunda volta das presidenciais o candidato do Frente Amplio obtivo o 53,5% dos votos (1.226.105) segundo os dados fornecidos pola Corte eleitoral uruguaia

Pola súa banda, Lacalle Pou, do Partido Nacional, recolleu 939.074 votos (o 41%), dun total de 2.321.230 papeletas emitidas. 

No seu discurso após coñecerse os resultados do escrutinio, Tabaré Vázquez, amosou o seu agradecemento a "todos aqueles que nos encomendaron novas responsabilidades" e que apostaron no desenvolvemento social, o traballo e o progreso do país. O novo mandatario afirmou que "gañou Uruguai" e emprazou as forzas da oposición ao "diálogo". "Están convocados todos" a conversar "sen prexuízos mais con lealdade", acrecentou. 

O líder do Partido Nacional, Lacalle Prou, sinalou pouco antes de que se oficiasen os resultados que estes "se acatan, respéctanse e deféndense". "A xente decidiu", subliñou. 

Comentarios