Urkullu propon iniciar un "desescalamento", comezando polas crianzas e o comercio

ligo urkullu
photo_camera Iñigo Urkullu

Após a reunión do consello asesor vasco para esta pandemia, o presidente de Euskadi, Iñigo Urkullu, anunciou que proporá medidas urxentes de "descompresión" a Pedro Sánchez que comece permitindo a saída controlada dos nenos e nenas, e logo a apertura gradual de tendas. 

Urkullu anunciou o seu compromiso de abrir unha nova fase que levantaría paulatinamente o confinamento, e que presentou como medidas de "descompresión".

Así, dixo que lle transmitirá ao presidente español, Pedro Sánchez, a necesidade en primeiro lugar de permitir as saídas de nenos e nenas, sempre con restricións de tempo e distancia.

En segundo lugar, Urkullu citou a apertura progresiva e "escalonada" de pequenas tendas, sempre en condicións de seguridade. E en terceiro lugar situou a posibilidade de exercicio físico individual na rúa, tamén cun tempo limitado.

Máis aló desta primeira fase, o goberno vasco está apostando por "un plan de transición" cara a unha "nova normalidade" que o Executivo vasco quere partillar co Estado, as deputacións e concellos.

Un plan que, remarcou Urkullu, cumpriría os criterios fixados pola OMS : garantir que a transmisión do virus estea sempre controlada, vixiar que a redución de casos se manteña ao longo de 14 días, a capacidade do sistema sanitario para detectar e illar os casos de infeccións, minimizar o risco de novos brotes en lugares especialmente vulnerábeis, medidas preventivas no lugar de traballo e control dos casos importados.

Nesta segunda fase, Urkullu sinalou o compromiso de manter distancias físicas de dous metros e tamén destacou o uso xeralizado de máscaras.

Comentarios