venres 25/09/20

Urkullu pide levantar o estado de alarma contra a recentralización

Os partidos vascos debaten esta quinta feira 30 de abril se Euskadi vai ás urnas en xullo.
Urkullu debate hoxe cos partidos pór os comicios en xullo.
Urkullu debate hoxe cos partidos pór os comicios en xullo.

O lehendakari vasco Iñigo Urkullu pediu esta cuarta feira, 29 de abril, o levantamento do estado de alarma e que a xestión da crise se leve desde a “lexislación ordinaria”.

“O Goberno español, en lugar de avanzar na construción común desde o respecto á pluralidade” está a apostar por un "modelo de Estado provincial que representa un retroceso centralizador e unha anomalía incomprensíbel”, dixo.

Ademais, o portavoz do Goberno vasco Josu Erkoreka, tamén do PNV, anunciou que Urkullu presentará esta quinta feira aos partidos unha análise sanitaria e xurídica para tomar unha decisión sobre a realización das eleccións vascas no mes de xullo.

Erkoreka xa avanzou que, de manterse o estado de alarma, isto non suporía ningún impedimento para ir votar. 

As eleccións vascas, como as galegas, foran adiantadas ao 5 de abril, mais a crise desatada pola pandemia de coronavirus obrigou a anular a convocatoria electoral, que até o momento permanece sen data en ambos os dous casos. As últimas citas electorais nos dous territorios coincidiron en data.

comentarios