Universidades e empresas escocesas abandonan a patronal por apoiar o 'non' á independencia

A Confederation of British Industry (CBI) decidiu sumarse á campaña contra a independencia de Escocia. Un paso que provocou que empresas, organismos públicos escoceses se desen de baixa.

universidade glasgowescocia

Empresas, organismos públicos e universidades escocesas decidiron abandonar a CBI (a principal organización de negocios e empresas de Gran Bretaña) tras sumarse esta á campaña contraria á independencia de Escocia, segundo recolle Vilaweb. Universidades como a de Glasgow, Edimburgo e Aberdeen din que no debate soberanista a súa actitude debe ser a de imparcialidade, o que impide que formen parte dun organismo, o CBI, que vén de se rexistrar na comisión electoral a prol do 'non', podendo mesmo gastar até 180.000 euros nesa campaña.

Mais non só as universidades. Empresas escocesas como Aquamarine Power, ou organismos públicos (Visit Scotland) tamén decidiron darse de baixa do CBI. Ademais, a entidade que agrupa ás empresas electrónicas escocesas, Select, afirmou que o posicionamento do CBI non lles representa. Unha afirmación secundada por outras entidades escocesas.

O director xeral de CBI dixo lamentar as marchas e aclarou que este organismo limitárase a dicir que para Escocia e Gran Bretaña era mellor seguir xuntos.

Comentarios