ELECCIóNS XERAIS NO REINO UNIDO O 4 DE MAIO

O unionismo pacta candidatos unitarios en Irlanda do Norte para desbancar o nacionalismo irlandés

DUP e UUP concorrerán xuntos nas eleccións británicas de maio en catro distritos onde nos anteriores comicios foron electos candidatos do Sinn Féin e o SDLP.

Ulster
photo_camera Bandeira unionista nun barrio de Belfast

Reino Unido acode o vindeiro 4 de maio ás urnas nunhas eleccións xerais para elixir os 650 deputados da Cámara dos Comúns. E o unionismo en Irlanda do Norte quer obter máis representación en Westminster da que posúe actualmente. E obtela, ademais, a costa do nacionalismo irlandés. Para iso, formacións lealistas que durante anos tiveron os seus máis e os seus menos coma o DUP e o UUP chegaron a un pacto unionista para aplicar en catro circunscricións de Irlanda do Norte: Belfast Este, Belfast Norte, Belfast Sur e Fermanagh/South Tyrone.

En base a ese pacto, segundo explica a prensa británica, ambas as dúas formacións comprométense a apoiar un único candidato unionista, sumando así os seus votos para obter os representantes desas catro circuscricións, que actualmente están en mans do Sinn Féin (2 delas), do nacionalista SDLP (a de Belfast Sur) e da formación ‘inter-confesional’ ‘Alliance’ (a do Belfast este).

D@s 650 deputad@s na Cámara dos Comúns, 18 corresponden aos 6 condados irlandeses que forman parte de Gran Bretaña. O DUP ten 8 representantes na Cámara dos Comúns, o Sinn Féin ten 5 deputad@s, o SDLP obtivo tres e Alliance, unha parlamentar.


 

Comentarios