Unha comisión científica investigará se Chávez foi envenenado

O Goberno venezolano manexa a tese de Hugo Chávez non ter morto por causas naturais, mais si vítima dalgún tipo de ataque con armas biolóxicas. Maduro evocou o caso de Yasir Arafat.

Até onte mesmo, en que se consumou o falecimento do líder bolivariano, o Goberno de Venezuela non levantara sospeitas arredor da xénese do cancro que acabou coa vida de Chávez.

Maduro anunciou que unha comisión científica investigará a orixe da doenza, mas dixo que o seu goberno ten dados de que foi provocada polos "inimigos" de Venezuela.

Chegou a citar Yasir Arafat, o líder palestiniano que, segundo os últimos indicios, podería ter sido asasinado por envenenamento.

En Xullo de 2012, Al Jazeera emitiu un documentario en que se revela que Arafat foi envenenado con polonio, a mesma substancia que provocou a morte do ex espía ruso Alexander Livtenko, que faleceu en 2006 en Londres.

Comentarios