“Unanet evit ar brezhoneg”: miles de persoas toman Kemper na defensa da lingua bretoa

A marcha estaba convocada polas tres redes de ensino bretón.

Bretón bretaña foto de @lisediwankaraez
photo_camera (Foto: @lisediwankaraez)

Por volta de 5.000 persoas manifestáronse esta fin de semana en Kemper na defensa das linguas propias da Bretaña, o bretón e o galó, nunha mobilización convocada polas redes educativas bretoas: Diwan, Div Yezh e Divaskell. Un acto que tivo o apoio de diferentes plataformas e organizacións.

Unha marcha “histórica”, segundo os organizadores,e na que tomaron parte baixo lemas como  “Unanet evit ar brezhoneg" (Unidos pola lingua bretoa) estudantes, familias e representantes do tecido social, cultural e político.

A manifestación desafiou o forte vento para percorrer o casco histórico da cidade e rematar na Praza Saint-Corentin. As demandas dos manifestantes estaban resumidas nun manifesto de 10 puntos, nos que se demandaban máis medios e medidas para o ensino nestas linguas.

Comentarios