Un gaseoduto de Gas Natural atravesará Doñana, parque que presideu Felipe González, conselleiro da multinacional

O goberno español aprobou a Declaración de Impacto Ambiental para que Gas Natural constrúa un gaseoduto de 18 quilómetros no subsolo de Doñana, parque nacional de cuxo consello foi presidente Felipe González. González é conselleiro desta multinacional española
Felipe González
photo_camera Felipe González

O goberno español vén de conceder a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) ao proxecto de Petrolium Oil Gas, filial de Gas Natural-Fenosa, para construir un gaseoduto de 18 quilómetros no subsolo de Doñana. Se xa de por si unha actuación destas características nun dos parques nacionais emplemáticos do Estado español está a xerar máis que controversia, a polémica acrecéntase polo feito de que o expresidente español Felipe González sexa conselleiro desta xaneiro de 2011 desta multinacional. González, até hai ben pouquiño (13 de decembro), presideu o Consello Rector de Doñana.

Desde diferentes colectivos ambientalistas (Ecologistas en Acción, WWF, Equo) para alén de denunciar o impacto desta obra e a agresión ao medio que suporía, fan fincapé na coincidencia de que o expresidente socialista estivese á vez no Consello de Doñana e como conselleiro de Gas Natural (onde cobra pola volta de 127.000 euros ao ano).

Coincidencias?

O investimento de Gas Natural nese gaseoducto ronda os 200 millóns de euros. Apenas un mes antes de que Felipe González demetise do Consello de Doñana, este organismo considerou compatíbel ese proxecto co parque e autorizaba a súa execución. Nesa xuntanza non estivo presente Felipe González. Mais os e as ambientalistas indican que non debería ser compatíbel que o expresidente español estivese "en ambos bandos".

Comentarios