Polémica pola foto en prisión dun pelotari concelleiro do PP e Arnaldo Otegui

O encontro está a xerar unha forte polémica nos medios de comunicación da dereita española. Titin III enmarca a imaxe no transcurso dunhas xornadas sobre pelota "nas que nos fotografiamos e asinamos autógrafos".
Tittin III, con chandal violeta, con Otegui e outros presos
photo_camera Titin III, con chandal violeta, con Otegui e outros presos

Augusto Ibáñez Sancristán, pelotari coñecido nos frontóns como Titín III, e concelleiro do Partido Popular (PP) en Logroño estivo con Arnaldo Otegui en prisión, mesmo posando nunha foto no interior da cadea con el e outros presos vascos. A imaxe vén de ser publicada polo dirixente da esquerda abertzale no seu twitter e xa levantou unha gran polémica nos medios de comunicación máis conservadores do Estado español.

Xunto ao edil do PP e a Otegi, na imaxe aparecen outras persoas, entre elas Arkaitz Rodríguez, condenado tamén no denominado ‘caso Bateragune’. Segundo a prensa española, Titín III, pelotari que ten un amplo número de siareiros en Euskal Herria, sinalou que a foto é do ano pasado e tomouse no transcurso dunhas xornadas sobre pelota vasca que se realizan todos os anos nesa cadea.

"Manipulación noxenta dos terroristas"

O PP de A Rioxa, pola súa parte, sinala que o seu concelleiro "foi vítima dunha manipulación noxenta dos terroristas".

Comentarios