A UEFA non admite a Federación Vasca por non ser “un estado independente”

Rexeita así a petición de entrada cursada pola Federación Vasca de Fútbol en decembro.

seleccion vasca to
photo_camera Imaxe de arquivo

A UEFA rexeitou a solicitude presentada o pasado mes de decembro pola Federación Vasca para ser recoñecida oficialmente en instancias internacionais. O Comité Executivo do organismo europeo reuniuse este domingo en Londres e adoptou unha resolución por “unanimidade” na que non acepta a petición de entrada cursada.

Segundo avanzan a web Iusport e recolle Gara, o argumento utilizado para xustificar a decisión é que a Federación Vasca non cumpre os requisitos necesarios ao non ser un estado recoñecido pola maioría da comunidade internacional.

Na solicitude cursada ante a UEFA mencionábase que non fai falta ser un estado para formar parte do organismo europeo, como demostran exemplos como exemplos como os de Escocia, Gales, Illas  Feroe, Xibraltar.

Así mesmo, recalcan que a Federación Vasca forma parte da Federación española. Trataríase do mesmo razoamento ao que aludiron desde o ente que preside Luís Rubiales cando se fixo pública a petición da Federación Vasca.

Para tentar que a decisión sexa revogada, o organismo que engloba o fútbol vasco dispón da posibilidade de presentar un recurso ante o TAS.

Na solicitude cursada ante a UEFA expúñase un período dun ano e mencionábase que non fai falta ser un estado para formar parte do organismo europeo, como demostran exemplos como exemplos como os de Escocia, Gales, Illas  Feroe, Xibraltar.

En  Euskal  Herria o apoio ao recoñecemento internacional das seleccións vascas é maioritario e conta cun amplo respaldo, segundo as últimas enquisas publicadas

Comentarios