UEFA expedienta a España por cánticos racistas d@s siareir@s

A UEFA abreu o expediente disciplinario polos insultos e as aldraxes dos seguidores de "La Roja" a un xogador negro da selección italiana
Siareiros españois na Eurocopa
photo_camera Siareiros españois na Eurocopa

A UEFA vén de anunciar a apertura dun expediente disciplinario á Real Federación Española de Fútbol polo comportamento "inapropiado" e os cánticos racistas dos e das súas siareiras realizados durante o partido da Eurocopa que enfrontou a "La Roja" e Italia.

O dianteiro italiano Mario Balotelli, de raza negra, foi o obxecto principal dos insultos por parte dunha parte considerábel dos seguidores españois que presenciaban o partido no estadio de Arena Gdansk , que tamén asubiaron o himno de Italia. A resolución deste procedemento disciplinario coñecerase o vindeiro 28 de xullo.

A UEFA tamén abre expediente a Rusia polos incidentes antes do partido con Polonia e cánticos racistas contra Chequia.

Comentarios