mércores 26/01/22

A UE lanza un grupo de coordinación militar pola pandemia

Este equipo coordinarase "estreitamente" coa OTAN, que tamén puxo en marcha unha iniciativa de cooperación entre os seus membros.
exército coronavirus compostela (Arxina)
Militares do Exército español, nun control en Compostela (Arxina)

A UE anunciou nesta cuarta feira, 15 de abril, o lanzamento do equipo de traballo que brindará apoio aos Estados membros para cooperar en accións militares entre os 27 para facer fronte á pandemia.

Igualmente, este equipo coordinarase "estreitamente" coa OTAN, que tamén puxo en marcha unha iniciativa de cooperación entre os seus membros.

O grupo estará xestionado polo Servizo de Acción Exterior da UE que dirixe o Alto Representante para Política Exterior, Josep Borrell.

O obxectivo, segundo informaron, é o "intercambio de información relativa á asistencia militar" na crise do coronavirus, "comunicación estratéxica sobre as contribucións que fan as Forzas Armadas" dos países da UE na loita contra a pandemia, e "detección de ameazas para a seguridade" provocadas pola pandemia.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

A UE lanza un grupo de coordinación militar pola pandemia
comentarios