venres 17.01.2020

A UE aproba as “liñas vermellas” para o Brexit

Os líderes da UE aprobaron por unanimidade na mañá do sábado as directrices para a negociación de saída de Reino Unido do bloque comunitario, un proceso que durará dous anos.

A UE aproba as “liñas vermellas” para o Brexit

Os xefes de Estado e de Goberno europeos, sen a presenza da británica Theresa May, deron luz verde a un documento de nove páxinas redactado polo equipo do presidente do Consello Europeo, Donald Tusk.

O texto apenas mudou desde que Tusk o enviara o 31 de marzo aos distintos países membros, un documento que contiña tres prioridades: protexer os dereitos dos europeos residentes no Reino Unido; aclarar a “factura” que deberá pagar Londres e a situación en que fica a fronteira con Irlanda do Norte.

Os cambios, segundo informan medios europeos, terían a ver fundamentalmente co endurecemento da linguaxe a respeito de dereitos de cidadáns comunitarios. Aliás, as declaracións dos distintos mandatarios á prensa centráronse en defender a unidade e solidez do bloque comunitario, nun momento en que a UE está a ser fortemente cuestionada.

comentarios