A UE ampara que as persoas homosexuais sexan excluídas das doazóns de sangue

Fíxoo através dunha sentenza do Tribunal de Xustiza que, no entanto, condiciona este feito á posibilidade de os Estados membros acreditaren razóns sanitarias.

Preservativos

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) emitiu esta cuarta feira (29 de abril) unha sentenza na que ampara a posibilidade dos Estados membros de vetaren as doazóns de sangue a homosexuais. O pronunicamento do TXUE prodúcese após a denuncia presentada por un cidadán francés ao que lle foi rexeitada a doazón de sangue após ter mantido relacións sexuais cun home. O tribunal francés ao que lle foi encomendado o pronunciamento elevou á xustiza comunitaria a decisión. 

Segundo o tribunal europeo "unha contraindicación permanente para a doazón de sangue aplicábel á totalidade do grupo constituído polos homes que tiveran relacións sexuais con outros homes só resulta proporcionada se non existen métodos coercitivos que garantan un alto nivel de protección da saúde dos preceptores". Isto é, o aval que outorga o TXUE á lexislación francesa condiciona a decisión de calqueroutra instancia nacional que se enfronte a un conflito semellante. 

Países como Austria, Irlanda, Dinamarca, Bélxica, Alemaña ou Grecia tamén contemplan na súa lexislación restricións exclusivas para homosexuais

Así as cousas, matiza o TXUE, Franza podería estar a incorrer nunha discriminación por razón de orientación sexual pois unicamente atribúe a posibilidade de contaxio ao colectivo homosexual sendo que o 48% dos contaxios atinxen homosexuais mais, que hai do 52%? A sentenza non di ren. 

Así as cousas o goberno de François Hollande avanzou que traballa nunha mudanza dos inquéritos que acompañan as doazóns de sangue para suprimir referencia algunha á orientación sexual. Este feito será trocado por experiencias sexuais consideradas de risco durante os últimos 12 meses. Para Marisol Touraine, responsábel de Sanidade "a discriminación dos doantes en función da súa orientación sexual é inaceptábel" considerando que "só a segurdos receptor podería xustificar as limitacións". 

A lexislación francesa, que impide, até o momento, de por vida as doazóns de persoas homosexuais non é un caso illado na UE. Neste senso países como Austria, Irlanda, Dinamarca, Bélxica, Alemaña ou Grecia tamén o contemplan na súa lexislación. En troca, Estados membros como o español non existe restrición exclusiva para determinados colectivos ou persoas, senón para enfermidades (hepatite C e B, malaria, VIH). 

Após a sentenza do TXUE colectivos e organizacións en defensa dos dereitos LGTBI defenden a loita pola prevención de Enfermidades de Transmisión Sexual (ETS) en troca de políticas discriminatorias. 

Comentarios