Ucránia: Ianukovich desmente a sua demisión e denuncia un ''golpe de estado''

A oposición destitúe o mandatario e convoca eleccións para o 25 de maio.

ucrania
photo_camera [Imaxe de arquivo: SG]


"Son un presidente eleito de maneira lexítima e non teño intención de abandonar o país", proclamou Vitor Ianukovich en declaracións gravadas e enviadas aos medios de comunicación a respeito da crise desatada na Ucránia após o mandatario negarse a asinar un acordo de asociación comercial coa Unión Europea. Lonxe de abandonar o país, Ianukovich tenciona continuar no sudeste, onde o gobernamental Partido das Rexións conta con maioría absoluta nas urnas e un apoio incondicional. 

O presidente ucraniano cualificou de "ilegais" todas as decisións tomadas polo Parlamento nos últimos dous días e considerou que o que está a acontecer en Kiev é "un golpe de estado".

Pola súa banda, os EUA e a UE seguen a mover as súas fichas e mostrando apoio ás mobilizacións contra o goberno. Este sábado á primeira hora da mañá o Parlamento escolleu un novo presidente, Olexandr Turchínov, a man dereita da ex-primeira ministra Yulia Timoshenko, arrestada en 2011 por corrupción e enriquecimento ilegal e que transladou desde o cárcere a través da súa filla o seu apoio ás e aos manifestantes. 

Que acontece na Ucránia?

Até o 19 de novembro de 2013 a Ucránia non saía na imprensa. Porén, ese día, o goberno decidiu non asinar o devandito acordo comercial coa Unión Europea levou os opositores a Rusia a tirar da manta e deixar ver a outra cara dun presidente que até daquela fora visto coma máis un socio da UE que axudaría a deixar Rusia illada politicamente, fóra da xeopolítica mundial. 

Ianukovich pediu tempo para estudar o acordo que a UE puxo riba da mesa porque segundo está redactado mermaría a soberanía da Ucránia e mermaría tamén as condicións de vida da poboación, xa que a economía ucraniana non ten forza dabondo para afrontar todas as esixencias que estabelece o documento. Europa esixe a liberación da ex-primeira ministra Timoshenko, así como que se muden varias leis e que se acometa unha reconversión da súa industria sen apoio do exterior. 

Comentarios