Ucraína denuncia Rusia ante a Corte Internacional de Xustiza

"Rusia debe render contas", afirmou o presidente Ucraíno Volodímir Zelenski a través da rede social Twitter.
Volodímir Zelenski, presidente de Ucraína. (Foto: Ukrainian Presidency / dpa).
photo_camera Volodímir Zelenski, presidente de Ucraína. (Foto: Ukrainian Presidency / dpa).

O presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, anunciou hoxe que o seu país presentou unha denuncia contra Rusia ante a Corte Internacional de Xustiza (CIX) para conseguir un ditame que obrigue ao cesamento inmediato da invasión rusa do seu país.

Rusia debe rendir contas

"Ucraína presentou unha denuncia contra Rusia ante a CIX. Rusia debe render contas por manipular a noción de xenocidio para  xustificar a agresión", declarou o presidente a través da rede social Twitter.

"Solicitamos unha decisión urxente que ordene a Rusia que cese a actividade militar agora e esperamos que os procedementos comecen a próxima semana", engadiu.

A corte con sede na Haia é un mecanismo que tanto Rusia como Ucraína teñen empregado nos últimos anos en torno ao conflito na rexión do Donbass que enfronta o exército ucraíno cos separatistas de Donetsk e Lugansk.

Que é a CIX?

Hai que lembrar que a CIX é unha corte internacional dedicada a dirimir disputas entre países conforme ao Dereito Internacional mais non ten ningunha forma de facer cumprir os seus fallos, algo que practicamente fica á vontade dos estados.

Comentarios