A canle pública da televisión española traballa nun especial informativo para pendurar da súa páxina web que leva por título Abdicación del Rey Juan Carlos.
Un erro permite o acceso en aberto a un documento en linguaxe XML que narra a folla de ruta para un despregue audiovisual en que se repasará a biografía do monarca.
Unha galería multimedia repasará os videos e as noticias máis populares protagonizadas polo Borbón. Está prevista até unha inserción publicitaria.
TVE traballa nun especial sobre a abdicación do Borbón
Un erro da canle pública española permite o acceso en aberto a un documento en linguaxe XML que repasa a biografía do Rei e leva por título Abdicación del Rey Juan Carlos.