Turquía derruba avión ruso na Siria

Putin considera o acontecido un "golpe nas costas" dos "cómplices do terrorismo". VÍDEO NO INTERIOR. 

Esta terza feira cazas turcos derrubaron un avión ruso (Su-24) despregado na operación militar da Siria que se dispuña a voltar á súa base militar. Desde Ankara aseguran que o ataque se produciu após invadir o seu espazo aéreo porén as imaxes recollidas no lugar amosan que se atopana a 1 quilómetro da fronteira turca. 

"En troca de estabelecer contacto con nós de maneira inmediata, Turquía dirixiuse aos seus socios da NATO"

Após coñecer os dados do acontecido o presidente ruso, Vladimir Putin, asegurou que "o ataque ao Su-24 traerá tráxicas consecuencias para as relacións entre Turquía e Rusia". 

"É un suceso que excede o marco da loita normal contra o terrorismo", apuntou. "En troca de estabelecer contacto con nós de maneira inmediata, como debe facerse, polo que sabemos Turquía dirixiuse aos seus socios da NATO para discutir o asunto, coma se nós tivesemos derrubado o seu avión, e non eles o noso", afirmou en declaracións aos medios recollidas por RT, no marco do seu encontro co rei Abdalá II en Xordania. 

"A perda de hoxe é como se os cómplices do terrorismo nos tivesen dado unha puñada nas costas". Un feito que, insistiu "non pode ser calificado doutra maneira". 

"Queren pór a NATO ao servizo do Estado Islámico?", preguntouse. 

Comentarios