Turquía asegura que o asasinato das activistas curdas é unha 'provocación'

O primeiro ministro turco,  Recep Tayyip Erdogan, asegura que o asasinato de tres activistas curdas podería ser "unha provocación" para prexudicar as negociacións entre o PKK e Ankara.
Curdistán

Após coñecer a nova, o executivo turco saía ao paso para asegurar que o acontecido tiña a ver co diálogo iniciado entre o goberno e o líder do PKK (Partido dos Traballadores de Curdistán), Abdullah Öcalan --que permanece preso desde 1999 acusado de terrorismo. Porén, desde Ankara manteñen a dúbida a respecto de que os asasinatos de Sakine Cansiz, Fidan Dogan e Leyla Soylemez podería tratarse dunha "disputa interna" entre a resistencia curda. Sexa como for, Erdogan quixo desbotar calquera implicación turca no acontecido.

Erdogan asegura que o goberno turco procura a expulsión dos líderes e guerrilleir@s curd@s de Turquía

Aliás, o primeiro ministro turco aproveitou a súa comparecencia de imprensa para avanzar nas posturas que manteñen desde executivo no proceso de diálogo iniciado co líder curdo, Abdullah Öcalan. Segundo Ankara, o obxectivo turco é que "os cadros militares da organización terrorista separatista abandonen Turquía", sentenciou perante os medios de comunicación nun ton pouco conciliador en que o posicionamento defendido desde Ankara dista moito da autonomía demandada desde as organización soberanistas curdas --como manifestou o propio Öcalan, pois a opción achegada por Erdogan exixiría o exilio a boa parte dos dirixentes e militantes do PKK e non contemplaría o recocñecemento de Curdistán como suxeito político --malia que desde o executivo turco aseguran que pularán por unha "reforma lexislativa que axude a integrar á minoría curda". No entanto, a imprensa internacional asegura que ambas as dúas partes en conflito poderían ter chegado a algún acordo, nomeadamente a respecto da participación política curda en Turquía que, no entanto, estaría suxeita ás condicionalidades estabelecidas desde o goberno turco.

Actualmente viven 15 millóns de persoas curdas (o 20% da poboación total) baixo administración turca --o maior continxente dos cinco ocupados--.

Comentarios