domingo 19.01.2020

Turquía e Alemaña queren que a OTAN controle as fronteiras pola crise de [email protected]

A organización internacional reúnese en Bruxelas para valorar a proposta mentres Ankara usa como moeda de cambio nas negociacións os milleiros de persoas que permanecen na fronteira sirio-turca. 

Turquía e Alemaña defenden a incorporación da NATO á xestión da crise de refuxiadas
Turquía e Alemaña defenden a incorporación da NATO á xestión da crise de refuxiadas

A crise de persoas refuxiadas continúa a situarse como o primeiro punto na axenda política da Unión Europea e tamén doutras organizacións intenracionais como as Nacións Unidas. 

Neste senso, son numerosos os foros nos que se está a debater esta cuarta feira (11 de febreiro) a respeito desta cuestión, entre eles, o encontro dos ministros de Defensa da OTAN en Bruxelas na que se aborda a proposta lanzada por Alemaña e Turquía para que a organización internacional desenvolva labores de control fronteirizo xunto coa Frontex. 

Así o propuxeron a chanceler alemá, Angela Merkel, e o primieiro ministro turco, Ahmet Davutoglu, que continúan coas negociacións para frear o fluxo de persoas refuxiadas cara o territorio da UE. 

O avance das tropas gobernamentais sirias en Alepo está a acelerar as negociacións 

"Imos utilizar a reunión de ministros da OTAN para falar en xeral da situación en Siria, mais tamén da posibilidade de até que punto a OTAN pode ser útil para apoiar o traballo de Frontex e da garda costeira turca" na vixianza, dixo Merkel en comparecencia de imprensa após a xuntanza co primeiro ministro turco. 

Na mesa de negociación atópase principalmente o avance das tropas gobernamentais sirias sobre a cidade de Alepo --apoiadas pola aviación rusa-- e o rexeitamento amosado, entre outros, por Turquía a que os bombardeos supoñan un incremento, din, do número de persoas refuxiadas que se amorean na fronteira sirio-turca. 

O tapón turco 

Desde o inicio do conflito Turquía estabeleceu un freo ao avanzo das tropas gobernamentais e das milicias curdas através do levantamento de campos de [email protected] na fronteira interior siria. Aproximadamente 25 km. que impiden aproximarse ás súas lindes mais tamén ás posicións de grupos rebeldes aos que presta apoio.

Turquía usa as persoas refuxiadas como moeda de cambio e como tapón para frear o avanzo sirio e curdo na fronteira

Á par, Ankara emprega estes milleiros de persoas como moeda de cambio nas negociacións que mantén coa UE. Neste senso, unha acta das conversas turco-comunitarias decorridas en novembro, que foi recollida polo xornal grego Euro2day, apunta ás ameazas de Turquía perante as reticencias da UE a pagar polo mantemento das persoas refuxiadas en territorio turco. "Podemos abrir as portas cara á Grecia e Bulgaria en calquera momento e meter os refuxiados en autobuses", tería dito Erdogan segundo o documento, do que non foi negada nen confirmada a autencidade. 

Merkel insiste en repartir entre os Estados membros as persoas refuxiadas mais a UE foi incapaz de cumprir as cotas asignadas en setembro de 2015

Neste contexto Turquía e Alemaña continúan a presionar os Estados membros da UE para partillar a 'carga' deslocada de maneira forzosa dos seus lugares de orixe, principalmente Siria. Berlín exixe que se negocien 'continxentes' a distribuír polo territorio comunitario de maneira parella ao financiamento que percibe Turquía para actuar de tapón, mais os 27 non foron quen nen sequera de dar cumprimento ao acordo de distribución asinado en setembro. 

Segundo as cifras fornecidas pola ONU desde que comezou o conflito na Siria 250 mil persoas foron asasinadas no país e 6,6 millóns desprazáronse dentro das fronteiras do país. Entretanto, 4,3 millóns fuxiron. 

comentarios