O TSXN confirma a sentenza da Manada e desbota a condena por violación

O Tribunal Superior de Xustiza de Nafarroa confirma a sentenza de condena por abusos sexuais aos cinco integrantes de La Manada. Non considera de aplicación por tanto o deilto de agresión sexual (equivalente á violación). Porén, 2 dos 5 membros do tribunal emitiron un voto particular en desacordo.

protesta manada
photo_camera Protesto contra a sentenza da Manada en abril

O pasado mes de abril a Audiencia Provincial de Nafarroa condenou os cinco integrantes da Manada a 9 anos de prisión por un delito continuado de abuso sexual con prevalimento. O que fai agora o TSXN é confirmar esa resolución xudicial. A decisión non se tomou por unanimidade: 2 dos 5 membros do tribunal si consideran que, como demandaba a acusación, a condena debía ser por agresión sexual (un tipo penal equivalente a violación e punido con máis anos de prisión).

Porén, o pleno da sala civil e penal do TSXN si asume unha das demandas da acusación, a de condenar os integrantes da Manada por un delito contra a intimidade, ao teren gravado parcialmente a agresión.

Dous dos cinco maxistrados do tribunal si consideran que os feitos son constitutivos dun delito de agresión sexual, ao apreciaren o agravante de intimidación, polo que os acusados terían de ser condenados a 14 anos, 3 meses e un día.

Esta sentenza do TSXN é susceptíbel de ser recorrida en casación ao Tribunal Supremo.

Comentarios